viernes, 19 de diciembre de 2008

FINAL DE INFARTO

Luis Carreras e os seus pupilos deron emoción ata o último segundo de xogo.
Regueiro acompañado de Villa, Jaco, Diego e Juan atrás con Óscar e Iris no medio mentras que as bandas foron de Marquitos e Borja e o ataque de Dani e Pablo VIgo. No banquillo só estiveron Christian e Manu xa que o Visantoña contou con 10 baixas. Pero esas baixas non foron suficientes para a victoria dos locais, nin tampouco o estado do terreo de xogo.
Pablo Vigo, á metade da primeira parte abriría o marcador nun remate de cabeza a pase de Marquitos. O empate do Toques, equipo co que hai que contar seriamente, chegaría de rexeite dun penalti de Óscar. Os locais buscaban a victoria pero a sorte non estaba con eles pero, na última xogada do partido unha xogadaza de Christian remata nun gran pase de Dani a Iris co que o carioca consigue o definitivo 2-1 no luminoso. Gran partido de parte a parte.
Ó próximo partido xogarase o 4 de Xaneiro nas Brañas contra o Abellá, un partido onde non podes faltar para animar ó Visantoña.
Comentar que fixemos dúas incorporacións de última hora, que xa antes vestiran esta camisola: Villa(Carral) e Iris(Sionlla)

BO NADAL E FELIZ ANINOVO

viernes, 12 de diciembre de 2008

PREMIÁMOLA TÚA CONFIANZA

Este ano ser socio do Visantoña ten premio, só por pagalo teu carnét recibirás de forma totalmente gratuíta unha bufanda oficial do club.

Ademáis aproveitamos esta ocasión para felicitar a todolos lectores deste blog as navidades desexándolle tamén un feliz ano novo.

SEIS PUNTOS DE NOVE POSIBLES

Pois bueno vou actualizar logo contándovos o inxusto que é o fútbol. Os pupilos de Carreras realizaron un gran partido na Ponte dos Brozos pero cansaronse de fallar ocasións, e por riba acabamolo partido con 3 lesionados sumados aos 7 que xa tiñan.O Sp. Meicende anotou o primeiro gol de rebote e o segundo nunha contra a desesperada dos visitantes. O resultado foi de 2-0.
Ao Curtis gañámoslle fácil 3-1 con tantos de Marquitos, Óscar e Dani e máis difícil foi a victoria en Boimorto, onde os locais demostraron ter un gran dominio do esférico e son rapaces novos que van chegar lonxe. Os tantos visitantes foron obra de Guti e de Jaco tras o penalti de Dani.Agora esperaámola visita do Toques.

martes, 18 de noviembre de 2008

VICTORIA ANTE UN RIVAL DIRECTO

O San Martiño visitaba as Brañas en busca de tres novos puntos que os deixaran o máis arriba posible, pero non puido ser,os pupilos de Luis Carreras dominaron todo o encontro e deron mostra da súa enorme calidade.
Un Visantoña que formou con Regue na porta, Edu, David, Jacobo e Juan na defensa. As bandas foron de Christian e Marcos e a medular, que fixo un partido espectacular compoñíase de Manu e Óscar. Guti xogaba por detrás de Álvaro, que formaba como ariete.
Marquitos, Chema, Manuel Graña, e Dani dispuxeron de minutos nun partido no que o Visantoña foi claro dominador do encontro. O equipo das Brañas sumaba así tres puntos máis ao seu casilleiro, que o sitúan como 2º e como un dos serios candidatos ao ascenso.
Agora viaxaremos a Meicende, unha semana despois, visitaranos o Curtis e logo visitaremsos Boimorto.Ademáis, o Toques visitaranos unha semana antes de que chegue o nose descanso

Animade moito!!!!!!!!!!!!!!!!!

miércoles, 12 de noviembre de 2008

VOLVEMOS ÁS ANDAINAS. GAÑAMOS 3-0

O Visantoña afrontaba a 6ª xornada da campaña enfrentándose como locatorio, ao Atlético Sobrado Xuventude. Luis Carreras decidiu aliñar aos seguintes homes com o titulares: Regueiro na porta, Edu, Manuel GRaña, Juan e Jose M. na defensa,mentras que Óscar e Manu ocuparon o centro da medular. Polo carril dereito Marquitos, polo esquerdo Christian, e Pablo Vigo como ariete único, xa que, como segundo dianteiro xogaba Guti.
Chegada a media hora, chegaría unha mala nova, Pablo Vigo lesionase e Álvaro sustitueo. Marquitos tomaría o camiño dos vestiarios no min.60 polo q entraría Marcos. David entraría no 65 por Manu. Jacobo entraría por Guti no 70 e Dani por Christian no 80.
Ao borde do descanso Manu anotaría o 1-0 cunha espectacular volea
o 2-0 chegaría no 2º tempo e de penalti feito á Óscar que Guti transformaría á perfección.
Álvaro anotaría o definitivo 3-0 logo dunha boa xogada.
Juan e Óscar resultaron amonestados nun partido no que quedamos con 3 puntos máis e esperando ao San Martiño.

miércoles, 5 de noviembre de 2008

SAN ESTEBO 0-0 VISANTOÑA

Un punto sumaron os pupilos de Luis Carreras na súa visita a Vitre. Regueiro,Diego,José Manuel, Juan e David foron defensas, mentras que Manu e Jacobo ademáis de Christian e Marcos Carreras ocuparon a medular, mentras que Vigo e Álvaro formaron o ataque.
Edu, Borja e Chema dispuxeron de minutos nun bo partido dos visitantes onde non se puideron facer coa victoria.

jueves, 30 de octubre de 2008

PRIMEIRA DERROTA

Non puido ser.Os homes de Luis Carrerras non poideron derrotar a un Oza que de momento, conta victoria por partido.Regueiro na porta, Diego,Juan,Manuel Graña e David na defensa,na media,Óscar,Jacobo,Manu,Borja e Álvaro e arriba Vigo. Esta foi a formación que Luis Carreras puxo para enfrontarse o Oza. Foi un gran partido. No 10 un fallo defensivo do Visantoña supuxo o 0-1. Na seguinte xogada Vigo, empataría o partido.
Así fomos ó descanso, e a volta eles volverían a poñerse por diante.O Visantoña dominaba o partido e desaproveitaba unha gran oportunidade de gol minutos antes de que chegara o 1-3.
Bo partido que non reflexa o xusto resultado.Para a semana que vén, imos visitar a San Estevo.

viernes, 24 de octubre de 2008

3 PUNTOS NO DERBI E SOMOS 3º

O Visantoña venceu por 1-2 ó Mesía nun gran partido dos de Luis Carreras. O adestrador puxo a seguinte alineación:1Regueiro2Diego3Juan4Manuel Graña5David6Jacobo(C)7Christian8Marquitos9Guti10Dani11Manu.12Borja(85-Christian)13JoséM(75-Manu)14Álvaro(45-Dani)15Vigo(60-Guti)16Óscar(35-Marquitos.
Manuel Graña, David, Jacobo e Vigo foron amonestados onde o Visantoña fixo un fútbol de salón na primeira parte, aínda que na segunda baixaron o seu nivel, conseguimos un gol que pode ser un dos mellores da tempada, Álvaro marcou un golazo a gran pase de Vigo facendo o 2-0.O primeiro anotouno Christiande córner directo e o mesía marcou de penalti. Agora só estamos por detrás se San Martiño e Oza, equipo ó que nos enfrentamos este domingo nas brañas.

miércoles, 15 de octubre de 2008

VISANTOÑA 0-0 VILAMAIOR

ALINEACIÓN:1Regueiro 2Edu 3Juan 4Manuel Graña 5David 6Óscar 7Christian 8 Marcos Carreras 9Vigo 10Álvaro 11Jacobo.
12Diego(55-Edu)13Marquitos 14Borja(80- Christian) 15Guti(45-Vigo)16José Manuel.

INCIDENCIAS:Partido disputado nas Brañas o 12 de Outubro. Luis Carreras probou con Edu na banda e Vigo de ariete, como diferencia á semana pasada.O Visantoña non tivo o seu día. Non foi un mal partido dos locais, pero o Vilamaior foi un pouco superior.Regueiro fixo un gran partido baixo as mallas, e sumamos catro puntos de seis que non está nada mal. Óscar, Álvaro e Jacobo foron amonestados.

martes, 30 de septiembre de 2008

FICHAXES

Este ano, reforzamonos moi ben. Na portería, está Marcos como única incorporación. Na medular Edu, Borja, Óscar e Vigo, Dani e Txema veñen en busca do gol. As incorporacións máis esperadas sen duda algunha foron as de Álvaro, Regueiro e Manuel que volven tralas súas graves lesións. Esperamos que nos siguades. Ah e recorda faite socio!!!!!

PRETEMPORADA

Boas! O Visantoña C.F. realizou unha gran pretemporada. Só perdeu un partido a da copa do concello.Caeu por 3-2 nun final de infarto. Vencemos ó Poulo (en doble ocasión) ,Sionlla, Vila de Ordes. Agora a competición de verdade comeza para nós o 4 de Outubro. Este sábado visitaremos o campo das Tinajas na busca dunha victoria que nos dean 3 puntos para comezar con bo pé a tempada.Alí esperaranos o Encrobas. Espéramosbos.

martes, 19 de agosto de 2008

VISANTOÑA 1-0 VIZOÑO

O Vizoño A veu o domingo 17 as Brañas para enfrontarse nun amistoso ó Visantoña. Os pupilos de Luis Carreras venceron o Vizoño cun golazo de David de falta directa desde a súa área ó ver o porteiro rival adiantado. Luis Carreras puxo a seguinte formación:
1 Marcos
2 Diego
3 Juan
4 Graña
5 David
6 Jacobo
7 Rubén
8 Marcos
9 Guti
10 Adrián
11 Óscar
Christian, Manu, Eduardo, Dani, José Manuel, Marquitos, Álvaro e Chema tamén dispuxeron de minutos.
O domingo 24 o Sionlla visitará as Brañas nun amistoso ás 5 da tarde. ASISTE!!!!!!!!!!

martes, 12 de agosto de 2008

Visantoña 4-2 Vila de Ordes; Boas sensacións

o Visantoña iniciou o 10 de Agosto a sua pretemporada oficial. FIxoo nas Brañas vencendo ó Vila de Ordes por 4-2. Luis Carreras puxo a seguinte alineación.
1Marcos
2Diego
3Juan
4Graña
5David
6Óscar
7Marcos Carreras
8Borja
9Guti
10Adrián
11 Dani.
Manu, Manecho, Marquitos, Rubén, José Manuel,Suso e Chema tamén dispuxeron de minutos. Borja fixo o 1-0, o Vila de Ordes empatou pero Suso poñía por diante ós blancos ó encontrarse cun balón dentro da área.Marcos Carreras sentenciaría o partido tras un gran pase de Rubén. Óscar marcaría un golazo antes de que o Vila de Ordes fixera o seu segundo gol que deixaría o marcador final nun 4-2.
O partido estivo arbitrado polo colexiado Diego Castelo Pérez.

martes, 22 de julio de 2008

EMPEZAMOS A PRETEMPORADA

O Visantoña C.F. quere quedar o máis arriba posible na liga esta tempada. Para eso hai que prepararse ben e por eso xa empezamos a pretemporada o 18 de Julio. Poucos xogadores da plantilla faltaron e tras o entrenamiento comemos un pouco churrasco que cociñou a directiva mentres os xogadores entrenaban.

Un saúdo

INCIDENCIA NA ENQUISA

Como vós poidestes comprobar hai algunha que outra incidencia na enquisa de quen gañará a liga a vindeira temporada. Queremos disculparnos ante os equipos implicados xa que tivemos unha equivocación, non foi feito con intención. Disculpen as molestias. Un saúdo.

COMUNÍCATE CONNOSCO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Bos días amigos. Acabos de abrir unha conta en gmail para que nos deixedes alí o que vós queirades: comentarios, imaxes ... o que vós desexeses. A nosa dirección é:jumasava@gmail.com. Un saúdo.

martes, 17 de junio de 2008

CHAT

Acabamos de poñer un chat neste blog no que vos pedimos respecto por nós e polos clubs da nosa categoría. Para que esto funcione ben pídovos por favor educación.Publicade moito!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!1

COPA DA CORUÑA

VISANTOÑA 0-1 SAN TIRSO

O visantoña xogou nas Brañas o partido de copa que o enfrentaba ó San Tirso de primeira rexional que rematou co resultado de 0-1. O Visantoña formou con Regueiro na portería, con Diego, Luis, David e Juan na defensa, mentras que no medio xogaron Adrián e Jacobo. A banda dereita ocupouna Marcos e a esquerda, Christian. Adianteira foi de Guti e Abel. O Visantoña plantoulle cara ó San Tirso durante os 90 minutos regulamentarios e levou ó cadro de Abegondo á prórroga. Aguantou ata ó fin da prórroga e cando xa estabamos afeitos á idea dos penaltis, o San Tirso marcou o gol que lle daba a victoria e o pase a seguinte fase.

viernes, 30 de mayo de 2008

FAITE SOCIO!!!!!!!!!!

Cantos anos tés? Gústache o fútbol????? Aínda non o fixeches, a que esperas???? A verdade e que xa che é horas de ter o noso carnét de socio. É moi fácil, só tes que comunicarllo a algún directivo e xa o terás. Se eres un home obteralo por 40€ e se eres muller só terás que pagar 20€.
UN SAÚDO

PRESENTACIÓN

Ola a todos!!!Este é o blog do Visantoña C.F., equipo que pertence á terceira rexional grupo 4. Este ano a mala sorte non nos deixou de perseguir.Sobre todo no referido ás lesións: Manuel, David Gallegos, Álvaro e David perdéronse boa parte da campaña debido as graves lesións que sufriron. Este ano pese as lesións e o mal arranque acabamos nunha posición considerable da táboa clasificatoria. Quedamos sextos con 49 puntos. Non dubides en visitarnos cada pouco!!!!

Un saúdo

ANÁLISE DA 1ª VOLTA

O Visantoña comezou a campaña 07-08 no campo do Toques onde caeu por 2-1. Empatou a uns na casa co Oza dos Ríos cun gol de Christian. Neste partido caeu lesionado Manuel. Tivemos que esperar á tercira xornada para ver a primeira victoria. Foi ante o Poulo por 1-5.Co Vizoño "B" caemos derrotados por 4-1 . Visitmaos ó Vilarmaior na 5ª xornada e perdemos 3-2 nun partido no que merecemos máis e, por enriba, David lesionouse. Vencemos ó Encrobas nun contundente 4-2 e na visita á Perillo caemos derrotados por1-0. Ó Boimorto empatámoslle a uns e caemos no Codesal, co Dorenda "B" por 2-1.Na 10ª xornada gañamos ó San Martiño por 2-1, logo empatamos na Pontecarreira 1-1 e gañamoslle ó Mesía no derbi municipal por 3-1.Na vista ó Atlético Sobrado só poidemos sacar un punto nun partido que rematou no minuto 85.Logo o Ordes "B" visitou As Brañas nun partido cheo de emoción ata o final que rematou con 3-3. Descansamos na xornada décimo quinta e logo, vencemos á domicilio ó San Estevo. Finalizamo-la primeira volta gañando 4-2 ó Cire Mellid e con 23 puntos.

lunes, 26 de mayo de 2008

ANÁLISE DA SEGUNDA VOLTA

O Toques foi o primeiro en darse conta do que o Visantoña tiña preparado para a segunda volta. Caeu derrotado por 2-1. O Oza dos Ríos colleu nun mal día ós de Luis Carreras e venceu por 1-0. O Poulo caeu derrotado por 3-0 e o Vizoño tampouco puntuou fonte a nós, xa que vencemos no Pinar 1-2.O Vilarmaior sacou un punto inmerecido das Brañas tralo empate a 2-2. Nas encrobas vencemos 3-0 e chegou a séptima xornada e , con ela, o Atlético Perillo ás Brañas. O resultado foi de empate a un no que o árbitro tivo moito traballo xa que foi un partido mio duro. En Boimorto logramos empatar a dous, e co Dorneda "B" a uns. Vencemos ó San Martiño por 1-0 e coa Pontecarreira caemos por 2-0. O Sobrado caeu por 1-0 nas Brañas e o Ordes tamén caeu ante nós por 1-2.No Visantoña - San Estevo, malia a superioridade local o empate a dous foi o resultado final. Na derradeira xornada sen nada en xogo, enfrentámonos ó Cire Mellid que, se vencía, era equipo de segunda autonómica. O Visantoña caeu derrotada 6-0 e rematou así esta tempada.