martes, 17 de junio de 2008

COPA DA CORUÑA

VISANTOÑA 0-1 SAN TIRSO

O visantoña xogou nas Brañas o partido de copa que o enfrentaba ó San Tirso de primeira rexional que rematou co resultado de 0-1. O Visantoña formou con Regueiro na portería, con Diego, Luis, David e Juan na defensa, mentras que no medio xogaron Adrián e Jacobo. A banda dereita ocupouna Marcos e a esquerda, Christian. Adianteira foi de Guti e Abel. O Visantoña plantoulle cara ó San Tirso durante os 90 minutos regulamentarios e levou ó cadro de Abegondo á prórroga. Aguantou ata ó fin da prórroga e cando xa estabamos afeitos á idea dos penaltis, o San Tirso marcou o gol que lle daba a victoria e o pase a seguinte fase.

No hay comentarios: