lunes, 26 de mayo de 2008

ANÁLISE DA SEGUNDA VOLTA

O Toques foi o primeiro en darse conta do que o Visantoña tiña preparado para a segunda volta. Caeu derrotado por 2-1. O Oza dos Ríos colleu nun mal día ós de Luis Carreras e venceu por 1-0. O Poulo caeu derrotado por 3-0 e o Vizoño tampouco puntuou fonte a nós, xa que vencemos no Pinar 1-2.O Vilarmaior sacou un punto inmerecido das Brañas tralo empate a 2-2. Nas encrobas vencemos 3-0 e chegou a séptima xornada e , con ela, o Atlético Perillo ás Brañas. O resultado foi de empate a un no que o árbitro tivo moito traballo xa que foi un partido mio duro. En Boimorto logramos empatar a dous, e co Dorneda "B" a uns. Vencemos ó San Martiño por 1-0 e coa Pontecarreira caemos por 2-0. O Sobrado caeu por 1-0 nas Brañas e o Ordes tamén caeu ante nós por 1-2.No Visantoña - San Estevo, malia a superioridade local o empate a dous foi o resultado final. Na derradeira xornada sen nada en xogo, enfrentámonos ó Cire Mellid que, se vencía, era equipo de segunda autonómica. O Visantoña caeu derrotada 6-0 e rematou así esta tempada.

No hay comentarios: