Luis Carreras e os seus pupilos deron emoción ata o último segundo de xogo.
Regueiro acompañado de Villa, Jaco, Diego e Juan atrás con Óscar e Iris no medio mentras que as bandas foron de Marquitos e Borja e o ataque de Dani e Pablo VIgo. No banquillo só estiveron Christian e Manu xa que o Visantoña contou con 10 baixas. Pero esas baixas non foron suficientes para a victoria dos locais, nin tampouco o estado do terreo de xogo.
Pablo Vigo, á metade da primeira parte abriría o marcador nun remate de cabeza a pase de Marquitos. O empate do Toques, equipo co que hai que contar seriamente, chegaría de rexeite dun penalti de Óscar. Os locais buscaban a victoria pero a sorte non estaba con eles pero, na última xogada do partido unha xogadaza de Christian remata nun gran pase de Dani a Iris co que o carioca consigue o definitivo 2-1 no luminoso. Gran partido de parte a parte.
Ó próximo partido xogarase o 4 de Xaneiro nas Brañas contra o Abellá, un partido onde non podes faltar para animar ó Visantoña.
Comentar que fixemos dúas incorporacións de última hora, que xa antes vestiran esta camisola: Villa(Carral) e Iris(Sionlla)
BO NADAL E FELIZ ANINOVO
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario