O Visantoña C.F., non puido acabar a pretemporada como lle gustaría, ós seus aficionados, ós xogadores e ó adestrador, Carlos Mesías que, aliñaría na porta a Álvaro (por ausencia do porteiro titular), na liña defensiva a Edu, Óscar Sánchez, David Carreras e Borja;o centro do campo sería ocupado por David, Adrián e Codesal deixándolle as bandas a Pablo Vigo e a Marcos Carreras que xunto con Carlos de ariete conformarían o 4-5-1 que o Visantoña C.F. leva utilizando a maior parte da temporada. No banquillo Marcos, Manu, Graña e Ché tamén terían os seus minutos. Ó descanso chegouse co 1-0 por medio de Carlos, pero na segunda metade o Sp. Ciudad demostrou máis e acabou gañando por 2-4, sendo Pablo Vigo quen lograría o segundo tanto local. Se esta nova non era boa, non é a peor, posto que Manu tería que retirarse antes do previsto ó sufrir un forte esguince de tobillo. Así sería a segunda derrota da pretemporada trala do mércores cando caemos 3-0 ante o Oza dos Ríos. O balance da pretempada e 2 victorias (Vila de Ordes e Sta Cruz Montaos) 1 empate (Poulo)e 2 derrotas (Oza dos Ríos e Sp. Ciudad). Para o vindeiro domingo, toca a Copa do Ayuntamiento contra o Mesía.
Saúdos
martes, 18 de agosto de 2009
martes, 11 de agosto de 2009
CALENDARIO!!!!!!!!!
O Visantoña C.F. non descansa; mañá, mércores 12, afrontaremos o reto máis complicado da pretemporada ata o de agora, será as 21:30h. e contra o Oza dos Ríos, recén ascendido a 2ª Autonómica no campo do Oza. Despois o domingo 16, disputaremos as 18:30h nas Brañas, o último partido da pretemporada ante o Sp.Ciudad e. o 23 xa toca a Copa do Ayuntamiento contra o Mesía no campo dos nosos veciños, e, ´xa o 30 de Agosto comezaremos a temporada oficial ante o Cerceda "B".
Saúdos.
Saúdos.
RECOLLE O TEU CARNÉT; FAITE SOCIO/A
Recordámoslles a tódolos socios/as do Visantoña C.F. que xa poden recoller os seus carnéts de socios da temporada 09/10 solicitándollo a calquera directivo deste club. Os prezos son os de sempre: Carteis Publicitarios:60€ Homes:40€ Mulleres:20€.
E para todos aqueles que desexen facerse socios deben tamén comunicarllo a calquera directivo, sendo o prezo do carnét como estáarriba indicado.
Saúdos
E para todos aqueles que desexen facerse socios deben tamén comunicarllo a calquera directivo, sendo o prezo do carnét como estáarriba indicado.
Saúdos
VISANTOÑA 2-2 POULO; PRIMEIRO EMPATE DA PRETEMPORADA
No terceiro partido como entrenador do Visantoña C.F., Carlos Mesías aliñaría na porta a Guti, atrás a Ché, Borja, Óscar Sánchez e Graña; no medio Manu e Adrián deixandolle as bandas a Marquitos e a Christian. Codesal ocuparía a media punta mentras que Pablo VIgo xogaría como home máis adiantado. Chegando ó descanso con 0-0, Carlos daría entrada a Jacobo, Edu, Diego, Óscar, Adri, Dani e David, que sería autor dun golazo que abría o marcador. Pero o Poulo que deu a cara en todo momento chegaría a poñerse por diante con dous bos goles e, a falta de 35 minutos para o final, entrarían David Carreras e Chema, este último o encargado de poñer o definitivo 2-2.
Pese a que foi o peor resultado da pretemporada ata o de agora, tamén hai que dicir que foi o mellor partido en canto á xogo.
Pese a que foi o peor resultado da pretemporada ata o de agora, tamén hai que dicir que foi o mellor partido en canto á xogo.
martes, 4 de agosto de 2009
VISANTOÑA 1-0 SANTA CRUZ DE MONTAOS
O Visantoña C.F. aínda non coñece outra cousa que non sexa a victoría nos dous partidos de pretemporada que xogou. Tras gañar 3-0 ó Vila de Ordes, Carlos Mesías aliñaría a Regueiro na porta;Edu, Jacobo, Graña, Christian na defensa; Álvaro, Manu, David e Dani no medio; Codesal como media punta e Guti de ariete. Chegando ó descanso co 0-0 no marcador Carlos , dou entrada a Diego, Óscar Sánchez,Borja, Adrián , Marquitos, Pablo Vigo e Carlos.Xa máis adiante, Óscar e David Carreras terían minutos. O encargado de facelo gol da victoria sería Codesal tras un pase de Manu. Este finde toca co Poulo.
Saúdos.
Saúdos.
miércoles, 29 de julio de 2009
VISANTOÑA 3-0 VILA DE ORDES
Así gusta empezar a pretemporada, goleando. Carlos que se estreaba no banquillo alineou na porta a Regueiro, na liña defensiva a Edu, Óscar, Diego e Borja, situando no centro do campo a Adrián, Guti e David; nas bandas a Marquitos e a Carlos deixando a Álvaro de "9". Con este 4-5-1 que o Visantoña adoptou na primeira metade chegouse ó descanso con 1-0 con gol de Guti. Xa na segunda metade Óscar dispuxo de minutos no centro do campo, David Carreras xogou na defensa e Pablo Vigo acompañaría a Carlos na liña máis adiantada do Visantoña. Pablo Vigo sería o encargado de poñer o 2-0 nun man a man contra o porteiro e Óscar maquillaría o resultado a pouco do final cun gol de vaselina. O resultado foi bo pero aínda se debe mellorar o xogo.
Intentaremos gañar tamén este domingo 2 de Agosto ao Santa Cruz de Montaos nun partido que se disputará no campo das Brañas ás 18:00.
Recórdolle a tódolos socios do Visantoña C.F. que xa poden recoller o seu carnét de socio da presente temporada,e, os que desexan ser socios e no eran ata o de agora poden solicitar xa o seu carnét.
Saúdos.
FORZA VISANTOÑA!!!!!!!!!!!!!!
Intentaremos gañar tamén este domingo 2 de Agosto ao Santa Cruz de Montaos nun partido que se disputará no campo das Brañas ás 18:00.
Recórdolle a tódolos socios do Visantoña C.F. que xa poden recoller o seu carnét de socio da presente temporada,e, os que desexan ser socios e no eran ata o de agora poden solicitar xa o seu carnét.
Saúdos.
FORZA VISANTOÑA!!!!!!!!!!!!!!
sábado, 18 de julio de 2009
COMEZAMOS A PRETEMPORADA!!!!
O venres 10 de Xullo o Visantoña comezou a preparación cara unha temporada que comezará o 30 de Agosto. De momento só contamos con tres baixas con respecto ao ano pasado e con cinco altas respecto ó mesmo ano. O domingo 26 de Xullo terá lugar o primeiro amistosos da pretemporada con rival que aínda non se decidiu.
Recórdase a tódolos socios do Visantoña C.F. que xa poden recoller o seu carnét da Temporada 09/10!
Saúdos
Recórdase a tódolos socios do Visantoña C.F. que xa poden recoller o seu carnét da Temporada 09/10!
Saúdos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)