martes, 18 de agosto de 2009

MAL REMATE DA PRETEMPORADA

O Visantoña C.F., non puido acabar a pretemporada como lle gustaría, ós seus aficionados, ós xogadores e ó adestrador, Carlos Mesías que, aliñaría na porta a Álvaro (por ausencia do porteiro titular), na liña defensiva a Edu, Óscar Sánchez, David Carreras e Borja;o centro do campo sería ocupado por David, Adrián e Codesal deixándolle as bandas a Pablo Vigo e a Marcos Carreras que xunto con Carlos de ariete conformarían o 4-5-1 que o Visantoña C.F. leva utilizando a maior parte da temporada. No banquillo Marcos, Manu, Graña e Ché tamén terían os seus minutos. Ó descanso chegouse co 1-0 por medio de Carlos, pero na segunda metade o Sp. Ciudad demostrou máis e acabou gañando por 2-4, sendo Pablo Vigo quen lograría o segundo tanto local. Se esta nova non era boa, non é a peor, posto que Manu tería que retirarse antes do previsto ó sufrir un forte esguince de tobillo. Así sería a segunda derrota da pretemporada trala do mércores cando caemos 3-0 ante o Oza dos Ríos. O balance da pretempada e 2 victorias (Vila de Ordes e Sta Cruz Montaos) 1 empate (Poulo)e 2 derrotas (Oza dos Ríos e Sp. Ciudad). Para o vindeiro domingo, toca a Copa do Ayuntamiento contra o Mesía.

Saúdos

No hay comentarios: