Así gusta empezar a pretemporada, goleando. Carlos que se estreaba no banquillo alineou na porta a Regueiro, na liña defensiva a Edu, Óscar, Diego e Borja, situando no centro do campo a Adrián, Guti e David; nas bandas a Marquitos e a Carlos deixando a Álvaro de "9". Con este 4-5-1 que o Visantoña adoptou na primeira metade chegouse ó descanso con 1-0 con gol de Guti. Xa na segunda metade Óscar dispuxo de minutos no centro do campo, David Carreras xogou na defensa e Pablo Vigo acompañaría a Carlos na liña máis adiantada do Visantoña. Pablo Vigo sería o encargado de poñer o 2-0 nun man a man contra o porteiro e Óscar maquillaría o resultado a pouco do final cun gol de vaselina. O resultado foi bo pero aínda se debe mellorar o xogo.
Intentaremos gañar tamén este domingo 2 de Agosto ao Santa Cruz de Montaos nun partido que se disputará no campo das Brañas ás 18:00.
Recórdolle a tódolos socios do Visantoña C.F. que xa poden recoller o seu carnét de socio da presente temporada,e, os que desexan ser socios e no eran ata o de agora poden solicitar xa o seu carnét.
Saúdos.
FORZA VISANTOÑA!!!!!!!!!!!!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario