No Vedral, o sábado 25, disputouse un encontro vital para os locais para certificar a promoción e, os visitantes que só nos xogamos salvar a nosa honra. O marcador abriríase ao pouco de comezar por medio de Cachopal que faría o 1-0, pero rápidamente empataría Codesal de gol olímpico. O 1-2 non tardaría en chegar por mediación de Pablo Vigo que remataría de cabeza un balón tras unha gran xogada de Marcos Carreras. Codesal de lonxano disparo faría o 1-3 e o Abellá non tardaría en responder co 2-3, resultado co que chegaría o descanso. Ao comezo da segunda parte, un golazo de espectacular vaselina de Codesal, que completaría así, o seu particular hat-trick e poñería o 2-4 no marcador. Dalí a pouco Cachopal sería expulsado por doble amonestación e sería cando o Abellá poñería o definitivo 3-4 ao remate dun córner. Destacar que Pablo Vigo e Marcos Carreras remataron o partido con lesións.
Saúdos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario