viernes, 19 de diciembre de 2008

FINAL DE INFARTO

Luis Carreras e os seus pupilos deron emoción ata o último segundo de xogo.
Regueiro acompañado de Villa, Jaco, Diego e Juan atrás con Óscar e Iris no medio mentras que as bandas foron de Marquitos e Borja e o ataque de Dani e Pablo VIgo. No banquillo só estiveron Christian e Manu xa que o Visantoña contou con 10 baixas. Pero esas baixas non foron suficientes para a victoria dos locais, nin tampouco o estado do terreo de xogo.
Pablo Vigo, á metade da primeira parte abriría o marcador nun remate de cabeza a pase de Marquitos. O empate do Toques, equipo co que hai que contar seriamente, chegaría de rexeite dun penalti de Óscar. Os locais buscaban a victoria pero a sorte non estaba con eles pero, na última xogada do partido unha xogadaza de Christian remata nun gran pase de Dani a Iris co que o carioca consigue o definitivo 2-1 no luminoso. Gran partido de parte a parte.
Ó próximo partido xogarase o 4 de Xaneiro nas Brañas contra o Abellá, un partido onde non podes faltar para animar ó Visantoña.
Comentar que fixemos dúas incorporacións de última hora, que xa antes vestiran esta camisola: Villa(Carral) e Iris(Sionlla)

BO NADAL E FELIZ ANINOVO

viernes, 12 de diciembre de 2008

PREMIÁMOLA TÚA CONFIANZA

Este ano ser socio do Visantoña ten premio, só por pagalo teu carnét recibirás de forma totalmente gratuíta unha bufanda oficial do club.

Ademáis aproveitamos esta ocasión para felicitar a todolos lectores deste blog as navidades desexándolle tamén un feliz ano novo.

SEIS PUNTOS DE NOVE POSIBLES

Pois bueno vou actualizar logo contándovos o inxusto que é o fútbol. Os pupilos de Carreras realizaron un gran partido na Ponte dos Brozos pero cansaronse de fallar ocasións, e por riba acabamolo partido con 3 lesionados sumados aos 7 que xa tiñan.O Sp. Meicende anotou o primeiro gol de rebote e o segundo nunha contra a desesperada dos visitantes. O resultado foi de 2-0.
Ao Curtis gañámoslle fácil 3-1 con tantos de Marquitos, Óscar e Dani e máis difícil foi a victoria en Boimorto, onde os locais demostraron ter un gran dominio do esférico e son rapaces novos que van chegar lonxe. Os tantos visitantes foron obra de Guti e de Jaco tras o penalti de Dani.Agora esperaámola visita do Toques.