viernes, 30 de mayo de 2008

FAITE SOCIO!!!!!!!!!!

Cantos anos tés? Gústache o fútbol????? Aínda non o fixeches, a que esperas???? A verdade e que xa che é horas de ter o noso carnét de socio. É moi fácil, só tes que comunicarllo a algún directivo e xa o terás. Se eres un home obteralo por 40€ e se eres muller só terás que pagar 20€.
UN SAÚDO

PRESENTACIÓN

Ola a todos!!!Este é o blog do Visantoña C.F., equipo que pertence á terceira rexional grupo 4. Este ano a mala sorte non nos deixou de perseguir.Sobre todo no referido ás lesións: Manuel, David Gallegos, Álvaro e David perdéronse boa parte da campaña debido as graves lesións que sufriron. Este ano pese as lesións e o mal arranque acabamos nunha posición considerable da táboa clasificatoria. Quedamos sextos con 49 puntos. Non dubides en visitarnos cada pouco!!!!

Un saúdo

ANÁLISE DA 1ª VOLTA

O Visantoña comezou a campaña 07-08 no campo do Toques onde caeu por 2-1. Empatou a uns na casa co Oza dos Ríos cun gol de Christian. Neste partido caeu lesionado Manuel. Tivemos que esperar á tercira xornada para ver a primeira victoria. Foi ante o Poulo por 1-5.Co Vizoño "B" caemos derrotados por 4-1 . Visitmaos ó Vilarmaior na 5ª xornada e perdemos 3-2 nun partido no que merecemos máis e, por enriba, David lesionouse. Vencemos ó Encrobas nun contundente 4-2 e na visita á Perillo caemos derrotados por1-0. Ó Boimorto empatámoslle a uns e caemos no Codesal, co Dorenda "B" por 2-1.Na 10ª xornada gañamos ó San Martiño por 2-1, logo empatamos na Pontecarreira 1-1 e gañamoslle ó Mesía no derbi municipal por 3-1.Na vista ó Atlético Sobrado só poidemos sacar un punto nun partido que rematou no minuto 85.Logo o Ordes "B" visitou As Brañas nun partido cheo de emoción ata o final que rematou con 3-3. Descansamos na xornada décimo quinta e logo, vencemos á domicilio ó San Estevo. Finalizamo-la primeira volta gañando 4-2 ó Cire Mellid e con 23 puntos.

lunes, 26 de mayo de 2008

ANÁLISE DA SEGUNDA VOLTA

O Toques foi o primeiro en darse conta do que o Visantoña tiña preparado para a segunda volta. Caeu derrotado por 2-1. O Oza dos Ríos colleu nun mal día ós de Luis Carreras e venceu por 1-0. O Poulo caeu derrotado por 3-0 e o Vizoño tampouco puntuou fonte a nós, xa que vencemos no Pinar 1-2.O Vilarmaior sacou un punto inmerecido das Brañas tralo empate a 2-2. Nas encrobas vencemos 3-0 e chegou a séptima xornada e , con ela, o Atlético Perillo ás Brañas. O resultado foi de empate a un no que o árbitro tivo moito traballo xa que foi un partido mio duro. En Boimorto logramos empatar a dous, e co Dorneda "B" a uns. Vencemos ó San Martiño por 1-0 e coa Pontecarreira caemos por 2-0. O Sobrado caeu por 1-0 nas Brañas e o Ordes tamén caeu ante nós por 1-2.No Visantoña - San Estevo, malia a superioridade local o empate a dous foi o resultado final. Na derradeira xornada sen nada en xogo, enfrentámonos ó Cire Mellid que, se vencía, era equipo de segunda autonómica. O Visantoña caeu derrotada 6-0 e rematou así esta tempada.