martes, 17 de febrero de 2009

GOLEAMOS Ó ENCROBAS!!!!!!!!! VISANTOÑA 7-1 ENCROBAS

Michu alinearía na porta a Guti con Villa, Manu, Juan e Ché na zaga e con Marcos Carreras e Christian nas bandas e no medio, Óscar e Adri, mentras que arriba estarían Pablo Vigo e Álvaro. Dispuxeron de minutos Rubén, Marquitos, Borja e Dani. O Visantoña foi moi superior en todo momento e no descanso levaría unha vantaxe de 2-0 con ámbos tantos de Álvaro. Na segunda metade, Christian sería o encargado de facer o 3-0, e, Rubén o do 4-0 cun golazo a escuadra de falta directa. O 5-0 sería obra de Dani e, o 6-0, de Óscar. O Encrobas faría o gol da honra á beira do final e Borja sería o encargado de pechalo marcador cun 7-1.

Goleada pero o ascenso está moi complicado e para domingo, visitar Sobrado...

EMPATE A CEROS CONTRA O SAN ESTEVO

Guti, Villa, David, Juan, Ché, Marcos Carreras, Manu, Adri, Christian, Óscar e Pablo Vigo comezaron como titulares nun partido no que Álvaro, Dani e Marquitos tamén dispuxeron de minutos.Non foi un bo partido por ambas partes, en gran parte, porque o terreo de xogo non se prestaba. Non dominamos o encontro pro desperdiciamos catro ocasións moi claras de gol. Agora, co ascenso complicado esperamos ó Encrobas no martes de Carnavel.

Saúdos

LUIS CARRERAS ABANDONA O VISANTOÑA

A derrota ante o líder foi a gota que colmou o vaso. 3-1 caemos ante o Oza con gol de Manu a pase de Pablo Vigo e Luis Carreras presentou a súa dimisión. Xa lles adiantaremos máis novas

lunes, 9 de febrero de 2009

TÁBOAS NO DERBY; VISANTOÑA 1-1 MESÍA

Carreras afrontaría o derbi con Regueiro baixo os paos, con Villa, Jacobo, Juan, Ché na zaga e con Marquitos, Manu, Óscar e Christian na media complentaban o once inicial coa dianteira Guti-Álvaro. Os reservas foron Adri, Rubén, Marcos, Pablo Vigo e Diego. Adiantámonos tras un gol olímpico de Christian, empatandoo o Mesía de penalti. Foi moi protestada pola nosa parte a actuación do colexiado que nos sinalou varios fóras de xogo inexistentes na segunda parte. Para a semana, toca visitar ó lider.