martes, 6 de enero de 2009

EMPATE ANTE O POULO; VISANTOÑA 1 - 1 POULO

Regueiro, Villa, Diego, Juan, Ché, Marquitos, Adri, Manu, Christian, Álvaro e Guti foron titulares ante o Poulo, partido no que tamén dispuxeron de minutos Marcos Carreras, Dani, Chema, Pablo Vigo e Rubén. Bo partido dos locais que tiveron moi mala sore, a bóla non quería entrar e ala, aínda así tanto vai o cántaro a fonte que Christian anotaria o gol local definindo maxistralmente un gran pase de Marquitos. O Poulo empataría na segunda metade tras un disparo lonxano que toca no poste e despista a Regueiro.

Dicir tamén que o Visantoña - Encrobas foi suspendido porque o temporal derrubou un poste da luz de hormigón que caeu enriba dunha portería, fendendoa

Saúdos

OUTRA VICTORIA. VIZOÑO "B" 0-1 VISANTOÑA

Regueiro, Diego, Jacobo, David, Juan, Villa, Manu, Óscar, Christian, Guti e Pablo Vigo partiron de inicio nao triunfo dos pupilos de Carreras no Pinar.Bo partido destes que se adiantarían a finais da primeira metade grazas a un gol de Pablo Vigo tras unha gran asistencia de Christian. O colexiado anulou a bordes do final un gol por inexistente fóra de xogo a Dani, nun partido onde se lesionou Jacobo e David, acabou expulsado.

3ª DERROTA: VISANTOÑA 1-2 ABELLÁ

O Visantoña formou de incio con Regueiro na portería, con Villa, Diego, David e Juan na defensa, con Marcos, Óscar, Jacobo e Christian na medio xogando como segundo dianteiro Guti e sendo o ariete, Pablo Vigo. Álvaro, Edu, Dani, Marquitos e Iris dispuxeron de minutos nun partido moi inxusto. O Visantoña foi claro dominador da primeira parte, adiantándose na media hora por mediación de Guti tras un gran pase de Christian. A segunda parte estivo máis igualada e nada máis empezar o Abellá doulle a volta ao marcador que final e inxustamente sería de 1-2.

UN SAÚDO