martes, 18 de noviembre de 2008

VICTORIA ANTE UN RIVAL DIRECTO

O San Martiño visitaba as Brañas en busca de tres novos puntos que os deixaran o máis arriba posible, pero non puido ser,os pupilos de Luis Carreras dominaron todo o encontro e deron mostra da súa enorme calidade.
Un Visantoña que formou con Regue na porta, Edu, David, Jacobo e Juan na defensa. As bandas foron de Christian e Marcos e a medular, que fixo un partido espectacular compoñíase de Manu e Óscar. Guti xogaba por detrás de Álvaro, que formaba como ariete.
Marquitos, Chema, Manuel Graña, e Dani dispuxeron de minutos nun partido no que o Visantoña foi claro dominador do encontro. O equipo das Brañas sumaba así tres puntos máis ao seu casilleiro, que o sitúan como 2º e como un dos serios candidatos ao ascenso.
Agora viaxaremos a Meicende, unha semana despois, visitaranos o Curtis e logo visitaremsos Boimorto.Ademáis, o Toques visitaranos unha semana antes de que chegue o nose descanso

Animade moito!!!!!!!!!!!!!!!!!

miércoles, 12 de noviembre de 2008

VOLVEMOS ÁS ANDAINAS. GAÑAMOS 3-0

O Visantoña afrontaba a 6ª xornada da campaña enfrentándose como locatorio, ao Atlético Sobrado Xuventude. Luis Carreras decidiu aliñar aos seguintes homes com o titulares: Regueiro na porta, Edu, Manuel GRaña, Juan e Jose M. na defensa,mentras que Óscar e Manu ocuparon o centro da medular. Polo carril dereito Marquitos, polo esquerdo Christian, e Pablo Vigo como ariete único, xa que, como segundo dianteiro xogaba Guti.
Chegada a media hora, chegaría unha mala nova, Pablo Vigo lesionase e Álvaro sustitueo. Marquitos tomaría o camiño dos vestiarios no min.60 polo q entraría Marcos. David entraría no 65 por Manu. Jacobo entraría por Guti no 70 e Dani por Christian no 80.
Ao borde do descanso Manu anotaría o 1-0 cunha espectacular volea
o 2-0 chegaría no 2º tempo e de penalti feito á Óscar que Guti transformaría á perfección.
Álvaro anotaría o definitivo 3-0 logo dunha boa xogada.
Juan e Óscar resultaron amonestados nun partido no que quedamos con 3 puntos máis e esperando ao San Martiño.

miércoles, 5 de noviembre de 2008

SAN ESTEBO 0-0 VISANTOÑA

Un punto sumaron os pupilos de Luis Carreras na súa visita a Vitre. Regueiro,Diego,José Manuel, Juan e David foron defensas, mentras que Manu e Jacobo ademáis de Christian e Marcos Carreras ocuparon a medular, mentras que Vigo e Álvaro formaron o ataque.
Edu, Borja e Chema dispuxeron de minutos nun bo partido dos visitantes onde non se puideron facer coa victoria.